Relato Corto – Gallego
Viernes, abril 23rd, 2010
A ENGRENAXE
Iñaki mirou pola ventá. Os ceos estaban azuis sen nin sequera a mais mínima nubosidade. Na soleira da porta da casa, do outro lado da rúa, un vello estaba tomando o sol, apoiado na súa caxata et coa regulamentaria boina na testa. Miraba a xente pasar tranquilamente nesa tarde de verán.
Xan, na outra extremidade da habitación, sentado na única cadeira, repasaba os detalles da operación. Todo estaba preparado coa minucia dos profesionais. Xa levaban quince días observando, anotando comprobando a información que pasáronlles o inicio da operación.
No fondo Iñaki sabía que isto chegaría, pero non o admitía. Cando mais achegábase o momento mais entraban as dubidas nas profundidades do seu ser.
Recordou cando entrou na organización. Necesitaba algo que o fixera sentirse vivo, sentíase baleiro, lonxe de todo. Na organización os compañeiros foron coma irmáns para el. Ademais agora tiña un ideal unha meta na vida. A organización habíalle dado todo.
Recordou tamén cando levaronlle o estranxeiro para adestrar e prepararse con aqueles homes que eran expertos. Enseñaronlle a manexar armas, o combate corpo a corpo, a facer explosivos caseiros e profesionais. Tamén coñeceu o dor, como ignorar o dor no seu corpo mais tamén como producir o dor noutro corpo, controlar a súas emoción foi outra parte importante do adestramento. Tres anos pasou alí, e agora era un profesional mais adestrado cos comandos do exercito. Estaba capacitado para levar a cabo calquera operación.
De feito non era a primeira operación na que participaba. Xa participou en dúas máis. Incluso deleitou canto roubaron as armas e explosivos do exercito. ¡Que parvos foron! ¡Con que facilidade os enganaron! Agora o seu comando tiña armas para tódalas operacións que tiveran que levar a cabo.
Na segunda operación na que participou, xa estivo mais cerca da morte, pero aínda solo tivo unha misión de información. Encargouse de conseguir a información pero a verdadeira operación levaronla dous membros de outro comando. El coñeceu os detalle pola prensa o día seguinte, aínda que todo resultoulle familiar xa que basabase no seu informe.
Pero agora, el tiña que matar. ¡Matar!, a palabra resoou no seu cerebro como si non coñecera o seu significado. O principio cando recibiu a orden, a consecuencia non lle chego a mente de seguida. Tamén o adestramento facía o seu efecto. Pero pouco a pouco a dubida habíase instaurado no seu ser. ¿Era lexitimo o que iba facer?
Aínda co seu adestramento unha parte del negábase a facer o que lle mandaban. Na súa mente roldaba a intención de deixar todo e de fuxir lonxe. Fixo planes para eso, como inutilizar a Xan; co o seu adestramento iba ser cousa fácil. ¿Máis despois? ¿Ónde fuxir? Recordou caso semellantes de compañeiros que abandonaron a misión confiada; a organización os declarou traidores e o final encontraronlos e executaronlos. El acatou a sentencia. Non se pode traicionar a organización, facía perigrar o funcionamento e os compañeiros. Percatouse que non era mais que unha roda nunha engrenaxe perfecta. Cada roda tiña que funcionar o desaparecer e ser substituída. Non había saída posible, tiña que ser a maquina perfecta creada para matar…
O día seguinte levantáronse cedo. Era o día elixido para a acción. Iñaki tomou unha ducha. Auga quente e despois fría. Preparou o seu almorzo, pan e chourizo, despois un bo café. Xa estaba mellor. Mirou pola venta, estaba orballando aínda e a luz do día a pena facíase notar.
Collo a súa pistola e verificou mecanicamente o funcionamento e cargou as balas. Puxo a falsa barba e a perruca; as lentes de contacto de cor azul claro. Na cara un pouco de maquillaxe facíalle totalmente descoñecido.
Baixaron e subiron no coche. Era un coche roubado coas placas falsa no que Xan agardaría o seu regreso despois da operación. A partir de aí todo foi mecánico e coa precisión dun reloxo de cuarzo. Xan parou o coche. Iñaki baixou e foi andando a grandes pasos pola beirarrúa. Cruzou a dereita e de inmediato a súa mirada fixouse no home que acaba de saír do portal do terceiro edificio. Non tiña dubida: o obxectivo. Iba so. Iñaki alargou o paso. Xa non tiña dubidas, estaba baleiro, era unha maquina. Cando chegou detrás do home, sen unha palabra, sacou a pistola e apertou dúas veces o gatillo. O home diante del xa estaba no chan. Xa algúns peatons percatabanse do occurido.
Iñaki volto e foi correndo para o coche. parecialle que a súa testa iba explotar. Unha soa palabra soaba no seu interior. ¡Asasino! ¡Asasino! Asasino…








